OurenseÚltima hora

Cata de licores e música este venres, 14 de agosto, en Berán

O evento forma parte do ciclo "Orujo de Galicia Los 5 Elementos"

A localidade ourensá de Berán acolle, este venres 14 de agosto, unha cata musicalizada organizada polo ciclo “Orujo de Galicia Los 5 Elementos”. A sesión forma parte do proxecto RibeiroLandArt e comezará a partir das 19:30 horas. O elemento vertebrador desta actividade será o elemento “terra”, é por iso que o emprazamento escollido é un bosque da zona.

O evento comprende unha degustación dirixda pola vocal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero. Os participantes tamén poderán desfrutar dun concerto da artista multidisciplinar, Rebeca Ponte. As 25 prazas dispoñibles xa se atopan reservadas. Con esta iniciativa, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia quere demostrar a súa aposta polo rural e os emprazamentos naturales. As seguintes quendas serán en no Hotel Ciudad de Vigo o vindeiro 17 de agosto e o día 20 no Parador da Costa da Morte, en Muxía.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button