EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata de viños de Viña Costeira maridados con blues, este xoves en Ourense

 

A Denominaciónde Orixe Ribeiro prosegue coa oitava edición do ciclo “Cata a Arte”. A súa terceira proposta terá lugar este xoves 17 de novembro ás 20 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense. No seu decurso os participantes poderán degustar as elaboracións de Viña Costeira, que presentará os seus viños acompañados dunha animada actuación musical de Néstor Pardo.

Nesta actividade o aforo está limitado a 100 persoas por xornada e as prazas serán cubertas por orde de retirada das entradas de forma presencial no propio Centro Cultural, desde o luns anterior a cada evento.

Esta iniciativa ten ademais un carácter benéficos. Son catas solidarias a favor da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras, Aodemper Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button