O vindeiro venres 22 de maio terá lugar unha nova cita co ciclo as #catasriquiñas da sumiller Mercedes González Rodríguez. Desta volta a proposta terá como protagonistas aos viños da Denominación de Orixe Valdeorras e levará por título “Covas en sus entrañas y reino de la #godello“.
Para participar nesta iniciativa, promovida por Xantar (na que colabora o CRDO Valdeorras) e que comezará ás 19h., só é necesario preparar unha tapa e un viño desta denominación, ademais de anotarte no seguinte link (a través de #zoom): https://us02web.zoom.us/
Nesta ocasión a tapa para acompañar leva como ingredientes: 1 aguacate e 1 tomate, 1 lata de atún ou salmón afumado, 2 tipos de froitos secos (noces, almendra, pistacho, avelá), leiturga, A.O.V.E e unhas pingas de vinagre (ou zume cítrico).
