EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Catando viños de Valdeorras co sumiller Luis Paadín, no Barco

A actividade enmárcase no programa das I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés

O sumiller Luis Paadín.

 

Unha vintena de persoas, entre elas os tres periodistas gastronómicos convidados polo Concello do Barco na Fam Trip que se está desenvolvendo (Jorge Santos, Ana Belén Toribio e Danae Wiereck), asistían na mañá deste domingo 6 de febreiro á cata de viños que o sumiller Luis Paadín dirixía na Casa do Río Cigüeño.

Esta cata, que o catado titulou ‘Valdeorras, máis aló da godello e a mencía’, está organizada pola Concellería de Turismo e Comercio que dirixe Eladio Santos, como actividade complementaria ao xantar nos restaurantes das I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés promovidas dende o Concello do Barco.

 

Luis Paadín diirixínsode aos asistentes á cata.

 

De feito, era o propio concelleiro quen abría o acto, para dar paso ao sumiller que comezaba cunha completa introducción poñendo aos asistentes en situación, falando das distintas variedades de viños de Valdeorras e da influencia atlántica/ continental que afecta a todo o noroeste peninsular especialmente en canto ao clima e ao terreo, e que inflúe de xeito especial aos viñedos e por conseguinte, ao viño. De seguido comezaba o acto propiamente dito, no que se cataron ata oito viños: Brinde (Adega Roandi); Guitián Barrica (Adega Guitián); Viña Corzo Mencía (Manuel Corzo); D’Berna Sousón (Adega Guitián y Blanco); Cabalín (Adega Cabalín); Vella da Chaira do Ramiriño (Adegas Sampayolo); Gaba do Xil (Adega Señorío de Larouco); e Caiño Longo (Adega Alán de Val).

 

O concelleiro de Turismo e Comercio, Eladio Santos, presentando o acto.

 

A outra cata das xornadas gastronómicas do Barco, no mesmo lugar e á mesma hora (Casa do Río Cigüeño, 12:30 horas), será o domingo 27 de febreiro da man da sumiller Mercedes González, quen fara unha maridaxe con ‘Viños, botelo e risas’, como “a mellor terapia”.

O prezo da cata é de 5  euros e as inscricións poden facerse a través do correo electrónico: infoturismo@concellodobarco.org ou de forma presencial na Oficina de Turismo (Praza de Abastos do Barco, rúa Marcelino Suárez).

 

 

 

Fotos: Concello do Barco.
Vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button