EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Catas, visitas a adegas e sendeirismo, nas portas abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Dende a organización valoran de maneira moi positiva esta edición, condicionada polas restricións polo Covid-19

 

Mantendo a máxima seguridade e a estrita observación das medidas de restricións de aforamento desenvolvíanse a pasada fin de semana as IX Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras. A pandemia condicionaba de maneira notable esta edición. Primeiro mudando a data habitual deste evento, que se viña celebrando na primavera, e limitando o seu programa orixinal debido as restricións que se foron impoñendo dense a súa presentación a mediados de outubro.

Isto implicaba a cancelación dos buses do viño, se ben as adegas (Godeval, Alan de Val, Cepado, Quinta da Peza e Roandi) adheridas ao programa abrían de maneira gratuíta para todas aquelas persoas que, baixo reserva previa, decidían visitalas chamando directamente á propia adega.

Ademais continuábase con propostas como os menús nos restaurantes e as ofertas especiais nos aloxamentos adheridos á ruta, respectando sempre as normativas e aforos establecidos. En canto ás actividades especiais programadas unicamiente se facían a cata-cea no Pazo do Castro e a ruta de sendeirismo pola Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) que remataba cunha cata en Pardollán, ambas cunha moi boa acollida.

 

 

“É certo que inicialmente tiñamos moi boas expectativas polas reservas que se tiñan feito, pero as restricións de mobilidade nas cidades fixeron que se cancelasen. Aínda así, estamos contentos coa resposta e coa participación que houbo dadas as circunstancias. Unhas 40 persoas visitaron as adegas durante as xornadas e foron un total de 67 os participantes no total de actividades desta edición, así que consideramo que tivo bastante éxito”, destacan dende a Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras.

Ademais dende esta entidade agradécese a súa asistencia aos participantes e tamén a colaboración de todos os que fixeron posible o desenvolvemento desta inusual edición das xornadas das portas abertas.

Menú-cata degustación no Pazo do Castro

Entre as proposas destas novenas xornadas de portas abertas figuraba un menú-cata que se desenvolvía o 31 de outubro no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco). Así os asistentes podían degustar unha serie de pratos maridados con viños da adega Virgen del Galir, da Denominación de Orixe Valdeorras.

En concreto as propostas gastronómicas eran surtido de croquetas artesás, ensalada de pulpo e vinagreta de allada, bacallau sobre cremoso de salicornia, meloso de porco celta, puré de cachelo e trufa negra, milfolla de mantequilla, merengue e amorodos.

Fotos: Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button