14 concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 13º Salón do Automóbil que se celebrará en Expourense entre o xoves 20 e o domingo 23 de outubro e onde se poderán atopar coches novos e tamén de ocasión. Trátase dunha cita vecellada cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.
Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. En total, participarán 14 empresas representando 19 marcas que presentarán modelos novos e onde tamén haberá espacio para os vehículos de ocasión. As marcas representadas son: Audi, BMW, Citroën, Cupra, Dacia, Ford, Hyundai, KIA, Mazda, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo.
Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.
Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.
O horario do 13º Salón do Automóbil será o xoves 20 e o venres 21 de outubro de 11 a 20:30horas; o sábado 22 de outubro de 10 a 20:30horas, e o domingo 23 de outubro de 11 a 20horas. O prezo da entrada son 3 euros, excepto para os menores de ata 12 anos que teñen entrada gratuíta. Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto, agás o xoves.