ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Catro folións participan na primeira xuntanza do Entroido 2023 en Petín

 

Na tarde do sábado 28 de xaneiro Petín abría oficialmente o Entroido 2023. E facíao coa primeira xuntanza de folións, organizada polo Folión de Petín tras dous anos de parón pola pandemia, que se celebraba a partir das sete e media da tarde.

 

 

Nese momento e malia o frío, comezaba xunto ao Centro de Saúde o percorrido polo pobo ao ritmo de dos bombos e aixadas que remataba na praza Doutor Quiroga.

Neste primeiro encontro participaban os anfitrións e tamén Os Viticultores de Vilamartín, o Folión do Tameirón e o Folión de Chandrexa de Queixa.

 

 

A segunda xuntanza de folións deste 2023, organizada polos Arrieiros, está prevista para o vindeiro sábado 4 de febreiro a partir das tres da tarde.

 

 

Fotos e vídeo: José Abuin.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button