DeportesNataciónÚltima hora

Catro medallas e récord de España en Salvamamento e Socorrismo para a ourensá Cristina Colomo

Lograba 3 ouros e 1 prata no campionato nacional máster celebrado en Palencia

Cristina Colomo coas medallas.

 

Un total de 226 socorristas de 33 clubs de 13 comunidades autónomas participaban nesta fin de semana no XI Campionato Máster de España de Salvamento e Socorrismo celebrado no complexo deportivo dos Campos Góticos, en Palencia. O club de salvamento acuático Ourense, Salvour, acudía cunha única deportista, a ourensá Cristina García Colomo, única representante da provincia que destacou cunha “actuación impecable”, aseguran dende o club.

Na xornada do sábado Cristina que batía un récord de España e proclamábase campioa na proba de 100 metros socorrista cun tempo de 01:27:36; logrando ademais dous ouros en 100 metros natación obstáculos cun tempo de 01:23:62 e en 50 metros remolque maniquí cun tempo de 00:54:25.

 

 

E xa o domingo, a nadadora ourensá proclamábase subcampioa cunha medalla de prata na proba de 100 metros remolque maniquí con aletas cun tempo de 01:34:23.

A próxima cita do club ourensán será o 16 de marzo en Ourense onde se celebrará a fase final de liga en categoría absoluta de 1ª e 2ª división.

Artigos relacionados

Back to top button