ConcellosÚltima hora

Catro persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Riós

 

Na tarde do luns 22 de agosto producíase un choque entre dous vehículos no concello ourensán de riós, no que resultaban feridas as catro persoas que circulaban nun dos turismos. Os coches accidentados quedaron obstaculizando o carril de circulación o que requiriu da intervención dos servizos de mantemento da estrada.

A colisión tiña lugar ao redor das 20:50 horas no punto quilométrico 158 da N-525, na parroquia de Fumaces e A Trepa, en Riós (Ourense), á altura da entrada da A-52, sen que ningunha das persoras quedara atrapada, segundo informan dende o 112 Galicia, engadindo que finalmente, todos os ocupantes dun dos turismos eran trasladados ao centro sanitario de referencia para ser atendidos.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén foron informados polo 112 os Bombeiros de Verín, o GES da Gudiña, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Riós.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button