En portadaGalerías de fotos

Catro podios barquenses, na primeira xornada do nacional de augas bravas

Publicidade
Na tarde do 23 de maio desputábanse as probas da Copa España individual clásica e por patrullas

Con triunfos valdeorreses remataba a primeira das xornadas da segunda cita do calendario nacional de augas bravas. O río Sil, ao seu paso polo Barco, acollía na tarde do 23 de maio as competicións da Copa España clásica individual e por patrullas. As dúas tiñan como saída a zona de Éntoma e a meta situábase tras pasar a pasarela que une a área recreativa do Salgueiral co Malecón barquense.

Estas dúas probas deixaban xa catro podios para o Club Fluvial O Barco. Así destacaban a vitoria de Fernando García Viso na clásica individual en K-1 veteranos e o segundo posto de Jesús Rodríguez León nesta mesma modalidade, pero na categoría K-1 senior.

Xa na disciplina de clásica por patrullas (equipos), o Fluvial Barco conseguía proclamarse subcampión da man da patrulla formada por Miguel Ángel González, Jesús Rodríguez e Fernando García. Ademais quedaban terceiros nesta mesma categoría coa patrulla de Julián Rodríguez, Sergio Ruiz e Borja López.

A competición proseguirá mañá 24 de maio coa Copa España sprint a partires das da mañá na zona do Malecón barquense.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button