Coa “máxima ilusión” e ganas, o Centro de Deportes Barco comeza unha nova etapa. E faino con moitas caras novas, que dan un plus de xuventude ao equipo vermello. “Xente nova que ten ganas de triunfar no fútbol”, di o presidente do club Daniel Ramos, asegurando que lle debenn unha afección. “O ano pasado a tempada non foi o que todos esperabamos, con moitos problemas sobre todo polas lesións e optamos por un modelo novo de xente xove con ganas de facer unha boa campaña. A ver como sae”.
A presentación dese novo plantel que estará baixo as ordes de Javier Rey (dos primeiros en confirmar a súa renovación) tiña lugar na tarde do 18 de xullo en Calabagueiros. O campo de fútbol no que dende o 20 de agosto loitarán cada quince días por sumar puntos e ofrecer o seu mellor xogo á unha afección que non faltou ao acto que tamén contou coa presenza de parte da corporación municipal.
Entre as caras novas que veremos este ano sobre o céspede de Calabagueiros están Adrián Sánchez, Rally Cabral, Javier Rodríguez, Mitogo, Cabanelas, Iván Argos, Isi, Casio, Sito e Peli. Dos xa coñecidos pola afección barquense: David Álvarez, Ivi Vales, Óscar Santin, Crsitóbal, Ramos, Deivis, Gunty, Brais, Diego Tato e Rubén García. No corpo técnico, acompañando ao míster: José Antonio (delegado), Borja (adestrador de porteiros) e Nando (segundo adestrador).
A dura e esixente pretempada comeza hoxe e o primeiro rival será un ano máis a SD Ponferradina, o vindeiro sábado ás oito da tarde.
Fotos: Mónica G. Bellver.