Na noite deste sábado 27 de xullo celebrábase a cena conmemorativa do 50º aniversario do CD Vilamartín, club fundando na tempada 1973/74 hoxe inactivo á que asistían unhas 60 persoas.
Trátase da cuarta xuntanza de xogadores, directivos, técnicos e afeccionados do club que comezaba coa entrega de camisetas conmemorativas e a foto oficial no reformado campo de fútbol do Bañadoiro antes de dar paso á cea no Restaurante Tazones, na Gasolineira de Vilamartín de Valdeorras. A primeira foi no 2019, a segunda foi no 2021 e a terceira no 2022. “A do ano 2020 non se fixo polo Covid-19 e a do 2023 tampouco porque ninguén se fixo cargo”, aseguran dende a organización.
Nesta cuarta xuntanza, non pudo estar ningún dos tres presidentes que tivo o club ao longo da súa traxectoria, pero si dous dos catro adestradores que tivo o club, un deles “foi o primeiro adestrador e quen tivo que preparar todos os papeis na Federación para que pudera saír o club a competir, Manolo López Fernández, que pode contar toda a traxectoria do CD Vilamartín desde que empezou e case ata que rematou”, aseguran dende a organización.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.