ConcellosEn portadaÚltima horaViana do Bolo

Cea de despedida para “Nacho”, párroco de Viana e Vilariño durante 18 anos, o sábado 7 de setembro

 

O sábado 7 de setembro será un día moi especial para D. Ignacio Lindoso “Nacho”, párroco de Viana do Bolo e Vilariño de Conso durante 18 anos que deixa a parroquia e marcha para Ponferrada de onde é natural deixando tras de si moitas amizades e xente que o apreza.

Eles mesmos, os fegreses das parroquias de Viana do Bolo e Vilariño de Conso reuniranse ese día para despedilo “con gran pena pero desexándolle o mellor e agradecidos por tantos anos de servizo e entrega”, convidando a quen queira asistir.

Os actos comezarán cunha misa de acción de grazas áas 19:30h. na igrexaa parroquial de Viana e ás 21:30h. terá lugar unha cea no pavillón municipal.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button