EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Cea de gala para entregar os “Grandes Ouros” da “Guía de Viños e Bodegas de Galicia 2019”

Unhas 180 persoas, das cales 55 eran adegueiros, acudían a este acto celebrado na Coruña na noite do 3 de xuño e precedido por unha degustación de viños premiados

Nunha cea de gala que reunía a unhas 180 persoas no Salón Victoria do Hotel Finisterre da Coruña tiña lugar na noite do 3 de xuño a entrega das distincións aos Grandes Ouros da “Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia 2019”, que dirixe Luis Paadín. Este acto, organizado por Paadín Eventos (editora do libro), contaba ademais coa presenza duns 55 adegueiros galegos.

A cea tiña como limiar ás 19h. unha degustación duns 80 “Grandes Ouros” brancos e tintos (6 da D.O. Monterrei, 13 da D.O. Valdeorras, 14 da D.O. Ribeira Sacra, 16 da D.O. Ribeira Sacra, 26 da D.O. Rías Baixas, 2 Des-Amparados e 2 destilados). A cata estaba acompañada pola música dun cuarteto de jazz.

 

 

A partir das nove e media da noite comezaba a entrega dos recoñecementos, agrupándoos por denominacións de orixe. Os diplomas que recibían de mans de Luís e Alejandro Paadín foron realizados polo Estudio de Diseño Marta Lojo. “Hoxe hai aquí adegueiros mozos e outros que xa están en franca retirada. Eu coñezo a moitos deles dende hai 25 anos, cando montamos a primeira viñoteca en Coruña”, comentaba ao inicio do acto Luis Paadín, quen lembraba que xa daquela se apostaba polas referencias das diferentes denominacións de orixe galegas. “E hoxe seguimos apostando de forma clara e inequívoca polos viños galegos, e o que máis me gusta e me entusiasma agora é que todo o mundo se suma, e iso aplaudímolo”.

 

 

Paadín destacaba que “nestes momentos Galicia está de moda e os nosos viños son unha marabilla grazas, sobre todo, ao esforzo actual que están facendo os adegueiros, pero tamén a que nós facemos viño dende hai 2.000 anos” e, con esta homenaxe, engadía, “queremos darvos as grazas a todos. Nós seguiremos apostando de maneira inequívoca aos viños galegos”.

 

Ademais facíase entrega de 8 premios “Ampelos”, unha escultura conmemorativa coa que a Guía recoñece a aquelas adegas que teñen conseguido xa cinco Grandes Ouros. A peza que se lles entregaba aos adegueiros reproduce a pequena escala un conxunto escultórico de época romana atopado na comarca de Monterrei e que representa a Baco (deus romano do viño), asistido polo seu discípulo “Ampeolos”.

Despois dos premios tiña lugar unha cea na que o menú estaba ademais acompañado polos viños con Gran Ouro e Ouro das adegas presentes no acto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Viños premiados na Gala por denominacións de orixe

D.O. MONTERREI

Crego e Monaguillo tinto 2018

Father 1943 2016

Fraga do Corvo tinto 2017

Lobarzán Isaura blanco 2016

Mara Moura 2016

Quérote 2016

Trasdovento 2017

 

D.O. RÍAS BAIXAS

Aguiuncho Selección 2011

Alalá 2015

Albariño de Fefiñanes III año 2015

Attis Atlante 2016

Condes de Albarei “En Rama” 2013

Contraaparede 2012

Davila 2016

Don Álvaro de Bazán 2014

Fillaboa 1898 2010

Frore de Carme 2015

Gallaecia 2013

Gran Veigadares 2011

La Mar 2014

La Val Lías 2011

Manuel D´Amaro Albariño 2017

Noelia Bebelia 2017

Pazo de Señoráns Selección de Añada 2010

Pedranai 2017

Sacabeira 2017

Señorío de Rubios Gran Coupage 2017

Sesenta e Nove Arrobas 2016

Sin Palabras edición especial 2010

Vindel 2015

 

D.O RIBEIRA SACRA

A Rosa do Viño 2015

Abadía da Cova 1124 2015

Algueira Fincas 2015

Algueira Risco 2015

Algueira Serradelo 2015

Capricho 2015

Expresión Histórica 2015

Neno da Ponte Migueltas 2015

Neno da Ponte Oubenzas 2017

Sabatelius carballo 2016

Tolo do Xistos Os Conventos 2015

Viña Peón 2017

 

D.O. RIBEIRO

A Teixa 2016

Armán Finca Os Loureiros 2016

Coto de Gomariz Finca O Figueiral 2016

Emilio Rojo 2016

Finca Viñoa Embotellado Tardío 2015

Finca Viñoa Paraje Penaboa 2014

Patito Feo 2017

Pazo Tizón Extramundi 2016

Ramón do Casar Nobre 2015

Super Heroe 2016

Tega Do Sal 2017

Terra do Castelo Sobre Lías 2013

Tostado de Costeira 2013

Toubes 2015

Val de Nairoa 2016

Viña de Martín Escolma 2014

D.O. VALDEORRAS

200 Cestos de A Coroa 2016

A Coroa Ladeira Vella 2015

Escada 2016

Escada Lembranzas 2015

Fardelas de Viñaredo 2015

Godeval 1986 2017

Guitian + 50 Meses 2011

Lagar do Cigur Garnacha Tintorera 2013

Maldito 2016

O Luar do Sil barrica 2015

Traste 2016

 

DES-AMPARADOS

Eido da Salgosa 2017

 

 

Artigos relacionados

Back to top button