ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Cea de mulleres e fulión no Xoves de Comadres da Mourela p’acá (Manzaneda)

 

Case trinta mulleres da Mourela p’acá (Manzaneda) reuníanse na noite do 21 de febreiro en Bidueira  para celebrar o Xoves de Comadres cunha cea que incluía entrantes (empanada, embutidos e queixo), ademais de paella e langostinos. A maior parte delas ían disfrazadas.

Despois da cea, saían e botaban man de bombos, gadañas e sachos para tocar o fulión polas rúas desta localidade.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button