CulturaCulturaEntroido 2024Última hora

Cea popular, desfile de comparsas e enterro da Sardiña, no Entroido da Rúa

A primeira edición da cea será luns 12 de febreiro baixo unha carpa na estación de autobuses

Desfile de comparsas do ano pasado na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro luns 12 de febreiro celebrarase a I Cea popular do Entroido, na Rúa. Será a partir das 21:30 horas nunha carpa climatizada na estación de autobuses e por 20 euros que custará a entrada, os asistentes poderán degustar un menú a base de empanada de carne, sopa de cocido, costela de tenreira asada, orellas, viño, café e chupitos. Tamén contará coa actuación de Rafa Torres.

É a principal novidade do programa do Entroido 2024 na Rúa, que comezará oficialmente o sábado día 10 de febreiro cunha festa infantil na estación de autobuses. Será a partir das 17:30 horas con Circo Menudo e haberá disfraces, música, chocolarada,…

 

 

O acto central será coma sempre o Martes de Entroido, festivo local, do desfile de comparsas dende a rúa Campogrande ata a praza da Estación. Comezará ás 16:30 horas con subvencións á participación e premios especiais aos disfraces máis vistosos. Bases e inscricións na Casa do Concello e en www.arua.gal.

O broche a festa poráo coma sempre o enterro da Sardiña. Será o mércores 14 de febreiro pola tarde con velorio no Atrio da igrexa de Santo Estevo e remate na praza César Conti, organizadado por A Ruada.

Artigos relacionados

Back to top button