Galerías de fotosÚltima hora

Cegoñas, baixo a chuvia

A cegoña branca (Ciconia ciconia) é unha ave moi grande que acostuma verse no entorno dos núcleos de poboación, tanto nos seus niños, como voando ou, como neste caso, buscando alimento en zonas de vexetación baixa. Así sucedía nestas imaxes tomadas nun prado no Barco na tarde deste domingo con chuvia de abril.

Malia ser unha ave migratoria, nos últimos anos é crecente o número de cegoñas que pasa o inverno no territorio galego.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button