OurenseÚltima hora

Celanova rexistra unha tendencia á baixa nas infraccións penais

A Xunta Local de Seguridade estivo presidida polo Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e o alcalde da localidade, José Luis Ferro
Roberto Castro e José Luis Ferro co-presidiron a xuntanza.

A Xunta Local de Seguridade de Celanova celebrouse hoxe, 15 de xaneiro, e foi co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro e nela participaron membros do Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Estes representantes foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá e fixeron fincapé na importancia de da colaboración entre a Policía Local e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

No eido dos datos relativos á delincuencia na comarca durante o 2017, estes expresan unha tendencia considerable á baixa na totalidade das infraccións penais, sento esta baixada máis acusada no referente aos delitos. Os índices de esclarecemento mantéñense e as detencións descenden. Tamén descenden lixeiramente as infraccións contra a seguridade viaria e as infraccións administrativas.

Neste eido, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, agradeceu o traballo desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade na comarca que se reflicte na baixada das estatísticas amosadas hoxe na Xunta de Seguridade e agradeceu ás mesmas “pola súa permanente entrega e constancia ao benestar da cidadanía, xa que seguen a traballar sen esquecer nunca ningún caso aberto”.

Pola súa banda, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, amosoulle ao subdelegado a súa satisfacción polo labor permanente das Forzas e Corpos de Seguridade “que manteñen coa Policía Local nunha estreita colaboración”.

Artigos relacionados

Back to top button