ConcellosÚltima hora

Celavente (O Bolo) acollerá mañá a XI Ruta dos Fornos

O percorrido comezará ás 13h. con degustación en cada forno e adega, dende chourizo ata doce de castaña
Asistentes á anterior edición da Ruta dos Fornos que reuníu a máis de 500 persoas. /Foto: Carlos G. Hervella.

Gastronomía, natureza, sendeirismo, patrimonio e mesmo artesanía. Son os ingredientes cos que se elabora a Ruta dos Fornos de Celavente, a iniciativa nacida da Asociación Centro de Animación Rural de Celavente para dar a coñecer e poñer en valor os fornos comunais e fontes restaurados do pobo. Unha actividade que mañá sábado 28 de abril celebra a XI edición.

O pregón a cargo do veciño Juan Corzo marcará o inicio da ruta no punto de partida da camiñata. Alí, na caseta instalada na estrada fronte ao bar Rodríguez, os asistentes poderán recoller a taza e as entradas (no caso de que as teñan reservadas) e xa ás 13h. co acompañamento musical da charanga Compostela, arrancará o percorrido duns 4.600 metros polos diferentes barrios deste pobo do concello do Bolo, ata rematar na praza na que un ano máis haberá postos de artesanía e gastronomía.

A primeira parada será no Forno do Viduedo onde haberá chourizo asado con pan e viño ou auga; despois o Forno dos Ortos con empanada; o Forno de Outeiro con orella e morro cocidos e lacón; a Adega da Capilla para degustar o doce de castañas; o Forno do Fondo con xamón asado; o Forno do Campo con torta de roxóns e licores; e o Forno do Cima con roscón e máis licores.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button