ConcellosO BoloÚltima hora

Celavente (O Bolo) celebra esta tarde unha pancetada con motivo das festas da Virxe dos Navallos

 

Está claro que comer é un pracer e dende as comisións de festas están poñendo máis de moda que nunca as xuntanzas populares en torno a unha boa cea.

É o caso de Celavente (O Bolo) que nesta fin de semana celebra as festas na honra á Virxe dos Navallos cun programa que se abre hoxe cunha pancetada a partir das 20:30 horas. Haberá panceta, chourizo, pan e viño (menores de 7 anos gratis; de 7 a 12 anos 5 euros e o resto 10 euros). A cea estará amenizada pola disco-móbil La Catusa.

A festa continuará mañá, sábado 3 de setembro coa actuación do grupo Expresión e do grupo de gaitas Os Picaflores. Ás 17:30 horas haberá inchábeis para os nenos en Navallos.

A misa solemne será o xoves 8 de setembro co acompañamento do grupo de gaitas Os Picaflores.

 

Artigos relacionados

Back to top button