CarballedaConcellosÚltima hora

Celebrando a festa de San Antón en Sobradelo

 

A devoción que os fieis cristiáns senten pola figura de San Antón de Padua, avogado dos obxectos perdidos e das mozas casadeiras, queda patente no gran número de parroquias e vilas que celebran a súa festividade.

 

 

En Sobradelo, capital de Carballeda de Valdeorras, non son alleos a esta devoción, por iso cada 13 de xuño honran a imaxe deste santo nado en Lisboa (Portugal) cuxa iconografía o representa acompañado da figura dun neno. Trátase dunha celebración sinxela, limitada ao barrio de Sobradelo Vello, para a que colaboran os comercios e os veciños, organizada por unha comisión de festas. É unha festa que se leva facendo dende hai moitos anos, ten moita tradición e á xente gústalle precisamente porque é sinxela, organizándose por e para o pobo.

 

 

Este ano, a pandemia de coronavirus obrigaba a limitar a celebración ao apartado relixioso, cunha solemne misa celebrada na mañá deste domingo 13 de xuño, oficiada por dous sacerdotes.

Antes e tamén despois da misa, os veciños desfrutaron do vermú nos locais de hostalaría da localidade, no  interior dos establecementos e tamén nas terrazas aproveitando o no tempo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button