ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Celebrando a festa de San Mauro, patrón da Policía Local do Barco de Valdeorras

 

Un ano máis e malia o accidente coa imaxe do santo, que caía e sufría danos á saída da igrexa, a zona vella do Barco de Valdeorras celebraba a festa de San Mauro, patrón da Policía Local do Barco, co acompañamento musical da charanga Brisas do Sil.

 

 

Así, trala celebración da eucaristía presidida polo párroco Jesús Álvarez, os axentes facíanse a foto oficial de familia diante da igrexa de San Mauro e de seguido desprazábanse ata o restaurante de nome homónimo para compartir unha petiscada e uns viños con familiares, membros da corporación municipal, compañeiros e convidados.

 

 

Do mesmo xeito, os veciños celebraban a festa nos diferentes establecementos hostaleiros da zona. Pola tarde a celebración continuaba coa actuación do trío Azahar na praza Maior.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Máis información e fotos:

Os danos provocados na imaxe de San Mauro trala caída á saída da igrexa, frustran a procesión no Barco

Artigos relacionados

Back to top button