En portadaÚltima horaVídeos

Os danos provocados na imaxe de San Mauro trala caída á saída da igrexa, frustran a procesión no Barco

 

Hoxe, luns 15 de xaneiro, é o día de San Mauro, patrón da Policía Local do Barco de Valdeorras, pero a celebración prevista viuse en parte frustrada ante a inesperada caída da imaxe do santo á saída da misa.

En torno ás 12 horas, estaba todo listo na praza e os membros da Policía Local vestidos de gala, acompañados por familiares, representantes doutras forzas de seguridade como a Garda Civil e membros da corporación municipal barquense, agardaban á comitiva encabezada pola imaxe de San Mauro e seguida polos sacerdotes, cando de repente, cedía e caía das andas, quedando visiblemente danado.

 

A imaxe de San Mauro antes do accidente.

 

Ante esta inesperado suceso que provocaba unha gran expectación entre os presentes, suspendíase a procesión e procedíase á celebración da eucaristía, onde o párroco do Barco, Jesús Álvarez, aseguraba que por suposto a fermosa imaxe de madeira de San Mauro será prontamente restaurada.

 

 

A pesar do incidente a celebración do patrón da Policía Local do Barco continuaba coa pinchada dos municipais. A festa lúdica, recuperada este ano por catro hostaleiros do casco vello do Barco, continuará pola tarde con baile na praza Maior a cargo do trío Azahar.

Fotos de vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button