EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Celébrase a XIX Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras

Presentábanse 43 mostras que eran valoradas por un panel de cata de nove expertos na sede do consello regulador valdeorrés

Ás dez da mañá do 13 de xullo poñíase en marcha a XIX Cata Oficial da XXI Feira do Viño de Valdeorras na sede do consello regulador desta denominación de orixe, en Vilamartín. Un panel de 9 expertos analizaba e puntuaba as 43 mostras presentadas ao concurso (das cales 20 eran de brancos e 23 de tintos). Nese total tamén se incluían 12 viños doutras añadas, dous brancos e dez tintos.

As mostras presentadas ao concurso eran todas de adegas que nesta fin de semana participarán na Feira do Viño de Valdeorras, cuxo recinto feiral estará instalado en Viloira (O Barco). Os viños galardoados daranse a coñecer o domingo 15 de xullo a partires das 20:30h. no acto de entrega de premios.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button