PolíticaÚltima hora

Celso Degado, deputado do PP no Congreso, critica a situación das comunicacións viarias e ferroviarias de Valdeorras

 

O deputado Celso Delgado, cos concelleiros do PP no Barco./ Cedida.

 

A situación das infraestruturas na comarca de Valdeorras era abordada onte en rolda de prensa polo deputado do PP por Ourense no Congreso, que visitaba o xoves O Barco para reunirse cos edís do partido neste municipio: Sabina Augado García, Carlos Javier Crespo Díaz, Sonia Guitián Martínez, Francisco González Rodríguez e Antonio Melo García. “Abordamos un conxunto de temas relacionados con investimentos estatais na comarca, agora que estamos ás portas de que entre no Congreso, o proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022”, explica Delgado Arce.

Entre os asuntos analizados estaban a conexión entre as estradas N-120 e N-536, tramo Sobradelo-O Barco de Valdeorras, punto no que o deputado daba conta das preguntas presentadas no Congreso para efectuar o control parlamentario da porcentaxe de execución dos traballos desta estrada.

“A primeira foi en xuño de 2020 e en setembro de 2020 o Goberno respondía que a obra estaba executada ao 2 % do orzamento. En xaneiro de 2021, volvín interesarme polo avance dos traballos, recibindo por resposta, esta vez en marzo, que se atopa ao 8 % executado. Formulei unha nova pregunta e o 31 de maio de 2021 o Goberno contestou que o grao de execución era do 8,3 %.Lembrei que o prazo contractual de execución é de 36 meses, polo que a data de finalización dos traballos, debería ser setembro de 2022″, indicaba o deputado popular.

Ademais o deputado popular engadía que o “15 de xuño de 2021 interpelei na Comisión de Transportes ao Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Sergio Vázquez Torrón afeándolle que as obras da circunvalación do Barco estivesen paradas desde hai meses e cunha ínfima porcentaxe de execución. Respondeume que “as obras de construción da circunvalación do Barco de Valdeorras, que enlazará as estradas N-536 e N-120 non están paralizadas, nin teñen ningún problema orzamentario” O Ministerio asegurou que “as obras de conexión entre as estradas N-120 e N-536, tramo Sobradelo-O Barco de Valdeorras, atópanse en execución, con varios tallos de terras e muros en marcha. Tamén apuntaron que, na actualidade, e cos datos reais obtidos do propio avance das obras, están a ser analizados os datos xeotécnicos e xeolóxicos das ladeiras, así como as propias cimentacións das estruturas da obra e do túnel de O Serro”.

Delegado Arce considera que “o alto cargo ministerial, faltou á verdade debido a que as obras estaban paralizadas desde hai meses. Está executado un 8,3 % dunhas obras que se iniciaron en setembro de 2019, que deben estar concluídas en 2022 e para as que hai 22 millóns de euros no orzamento do Estado, que obviamente non se gastarán no seu maior parte”.

Ademais o parlamentario ourensán do PP recordaba que “o BOE do 20 de setembro de 2019 publicou o Anuncio de formalización do da Dirección Xeral de Estradas relativo á Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo – O Barco de Valdeorras. Resultou adxudicataria a UTE integrada por Vías e Construcións SA, Aglomerados e Construcións Valdeorras SA (Acoval), e Petrolam Infraestruturas SL. A oferta seleccionada foi de 39 millóns de euros, aínda que o orzamento de licitación fora de 52,59 millóns de euros (ambas as cifras sen IVE/IVE). E que, se se pretende un modificado, que é a causa que esgrime o MITMA, deberán darse explicacións sobre a elaboración e aprobación do proxecto e sobre a adxudicación. En calquera caso, urxín a que se renoven inmediatamente as obras, pois a demora sobre os prazos previstos xa é enorme”.

Cedida.

 

Outra das cuestións ás que se refería era a situación da Autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) cualificando de “nulo o interese do goberno socialista en impulsala). Delgado Arce resaltaba especialmente “o agravio que supoñía que no tramo máis avanzado, A Veiga de Cascallá – O Barco de Valdeorras, que debería estar desde 2019 en condicións de ver licitadas as obras, recibiu unha ridícula consignación de 100.000 €, cando nos PGE de 2018 tivo 3 millóns”. Ademais apuntaba que o 26 de maio de 2021 os deputados ourensáns Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, así como a deputada leonesa Carmen González Guinda, no marco da tarefa de permanente seguimento do proxecto da Autovía A-76 dos tramos que van desde O Barco de Valdeorras ata Ponferrada formulamos catro preguntas parlamentarias que foron respondidas polo Goberno o 30 de xuño de 2021.

Delgado Arce tampouco pasaba por alto a situación da estrada N-120, que leva sendo obxecto de revindicación da comarca dende hai décadas, incidindo “na deficiente situación do firme desta estrada que é a que padecen os valdeorreses e que é motivo de constantes queixas por usuarios particulares e transportistas”, así como en que se creen carrís de adiantamento nela.

Finalmente, Delgado Arce falaba da “lamentable situación dos moi deficientes servizos ferroviarios que unen a Valdeorras con Ourense e moi especialmente con Vigo”, así como da situación das estacións e do mantemento da liña.

Artigos relacionados

Back to top button