En portadaÚltima horaVídeos

Centos de persoas asisten ao XXVI Magosto Popular da Rúa

 

Apenas unha semana despois da animada e multitudinaria Festa do Magosto na Rúa Vella, o concello rues celebraba o XXVI Magosto Popular, que congregaba a centos de persoas na Estación de Autobuses.

Para a ocasión asábanse uns 300 kilos de castañas e o menú incluía ademais bolo preñado, empanada, bica, auga e viño (branco e tinto). No evento non faltou a música nin a colaboración, coma sempre, de Protección Civil.

Ademais, este ano o magosto viña precedido dun ‘especial Samaín’ a cargo do mago Roberto Lolo, que presentaba ese mesmo día o seu espectáculo de maxia e sorrisos ‘Mira el Coyote’ no Centro Cultural Avenida.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button