CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Certame de corais, muralismo e festa infantil, o 19 de agosto en Parada de Sil

Imaxe dunha edición do certame de corais./ Cedida.

 

O municipio de Parada de Sil acollerá o vindeiro sábado 19 de agosto tres actividades culturais e lúdicas ben diferentes. Así ás 11:30h. esta prevista unha actividade para nenos e adultos de muralismo e pinturas naturais en igualdade. Trátase dun obradoiro creativo (incluído no programa Ler Conta Moito) que se desenvolverá no campo da feira (fronte ao Concello).

 

 

Por outra banda, entre as 16h. e as 21h. celebrarase diante do Concello unha festa infantil con inchables de auga e aire, xunto con actividades de pintacaras e globoflexia. A iniciativa será organizada por Noviñ@s do Sil en colaboración co Concello e o prezo para poder asistir é de 10 euros por neno.

 

 

Finalmente, ás 20h. na igrexa parroquial comezará o VII Certame de Corais Aqua Música-Parada de Sil. Nel participarán, ademais da Coral Aqua Música, a Coral Polifónica Lira de Oia, o Coro Ecos do Castelo de Nigrán e a Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar.

 

Artigos relacionados

Back to top button