ConcellosÚltima horaVilamartín

Chamada aos antergos na despedida da VII Festa Coveira de Arcos (Vilamartín)

 

Esta sétima edición da Festa Coveira de Arcos (Vilamartín) estaba dedicada á “Orixe” porque “porque cremos que nunca debemos esquecer quen somos, de onde vimos, as nosas tradicións…”, destacan dende a organización.  E, nesa liña, facían un xesto moi especial na parte final da celebración, que tiña lugar na noite do sábado 8 de xullo. Así, arredor das 23:30h., coincidindo coa hora da procesión de “Don Godellín”, o santo da festa, unha das integrantes da organización, Montse, disfrazábase cun orixinal traxe de peles de animal, calzaba unhas galocha e facía soar un corno para chamar aos asistentes á procesión.

Así dende o alto do cubo da Cova, soprando con todas as súas forzas, chamaba aos antergos, aos que se lle deben estas singulares covas, á reunión. A este chamar, respondían con bubucelas o resto de coveiros que colleron a Don Godellín e o levaron “en procesión por todas covas, agradecendo a todos a súa visita e desexando unha boa volta a casa para todos, esperando que repitan o ano que vén”, explica Montse.

 

 

Deste xeito dábase por rematada a Festa Coveira 2023, organizada pola Asociación de Coveiros de Arcos e polo Concello de Vilamartín, e comenzaba a festa do Dj Tariro na praza ata altas horas da madrugada.

Foto e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button