Os actos tiñan lugar no centro escolar e nos xardíns da Casa Grande
Dous días despois da plantación no Arboretum da Rúa, eran os alumnos do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco de Valdeorras) os que celebraban o Día da Árbore. E facíano cunha dobre actividade, da man dos axentes forestais do Distrito XIII Valdeorras-Trives.
A primeira, unha charla divulgativa contra incendios impartida por Isidro Martínez (axente forestal medioambiental biif), tiña lugar no Salón de Actos do centro. Alí os cativos puderon ver e tamén tocar, parte do material necesario para loitar contra o lume.
A segunda, a plantación, tiña lugar nos xardíns da Casa Grande. Alí, os pequenos axudaban aos axentes a plantar algunhas especies arbóreas, acto conmemorativo do Día da Árbore.
Fotos: CEIP Ramón Otero Pedrayo.