Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Charla-mitin do PSdeG-PSOE no Bolo

O candidato socialista á alcaldía, Magín Fernández, clausurou o acto pedindo o voto para os comicios do 24 de maio
O candidato socialista do Bolo, Magín Fernández, no acto. /Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato socialista do Bolo, Magín Fernández, no acto. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois de máis de vinte anos de goberno popular, “O Bolo necesita un cambio, necesita fixar poboación e xerar emprego e nós somos a mellor elección porque temos un proxecto de futuro”. Esta foi a mensaxe que a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de O Bolo, transmitía na charla-mitin celebrada na tarde do venres 15 de maio.

O acto celebrado no Bolo contou coa presenza de numerosos militantes e simpatizantes e varios cargos políticos socialistas como a parlamentaria Mª Carmen Acuña e alcaldes e cabezas de lista de diferentes concellos de Valdeorras. Con todo, foron catro os que interviñeron na charla: a deputada Laura Seara, o alcalde do Barco Alfredo García, o número dous da candidatura Juan Ferreira e o número un Magín Fernández que pechou o acto pedindo o voto para o domingo 24 de maio.

Para lograr accceder á alcaldía, o PSOE de O Bolo preparou un programa centrado na xeración de emprego, así como nos numerosos recursos naturais e culturais cos que conta o municipio. Recursos que poñer en valor como o Santuario das Ermitas co Vía Crucis (o terceiro de Europa) ou o Castelo e o seu entorno. Tamén o antigo hotel balneario de Mondón que esperan rehabilitar “aí podemos xerar postos de traballo, directos e directos” dixo Ferreira, así como no sector agrario especialmente grazas á castaña que move ao ano miles de euros.

Artigos relacionados

Back to top button