CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima horaVídeos

Charla sobre a diversidade medioambiental de Valdeorras no Colexio Divina Pastora do Barco

Foi impartida polo Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives no marco do Día da Árbore

 

Con motivo da celebración do Día da Árbore e tal como veñen facendo cada ano, dende o Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives realizan actividades dirixidas aos centros escolares entre as que están as charlas divulgativas.

 

 

Na xornada de onte o persoal do distrito impartía unha charla ante o alumnado de Primaria do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira para incrementar o seu coñecemento sobre a biodiversidade dos montes e a concienciación sobre o seu coidado e proteción; e hoxe tocáballe o turno ao Colexio Divina Pastora, tamén no Barco de Valdeorras.

 

 

Na mañás deste venres 10 de marzo, Xacobe expoñía numeroso material (fotografías, elementos do monte, material de extinción de incendios) vencellado á biodiversidade medioambiental de Valdeorras, ante a atenta mirada dos rapaces.

 

 

Ratificando a súa aposta pola defensa do medioambiente e tamén como parte da actividade polo Día da Árbore, dende o centro escolar adiantan que o día 20 realizarán unha plantación nos montes de Viloira queimados no incendio do pasado verán.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button