
A próxima actividade da Asociación De Nai a Nai, de apoio á lactación materna e a crianza respectuosa, con sede no Barco, será charla introdutoria de “Disciplina Positiva na Primeira Infancia”, para aprender a educar con amabilidade e firmeza ao mesmo tempo.
“É tan importante que os nenos e nenas se sentan queridos, que pertencen a unha familia e unha contorna onde se lles quere e respéctaselles, como saber poñer límites no día a día. Se queremos que os nosos fillos, cando medren, sexan independentes e se convertan en adultos cunha boa autoestima, que sexan críticos, e poidan tomar as súas decisións libremente, para poder alcanzar as metas que se poñan, hai que sentar as bases desde a primeira infancia”, resalta a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada.
E, ¿como se pode conseguir iso “desde o amor e o respecto”? A esta cuestión dará resposta Mariluz Pereira, facilitadora certificada en disciplina positiva, nunha charla prevista para o 18 de marzo no local da asociación (no 4º piso no edificio da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán). Nesta conferencia presentará o seu programa, baseado en neurociencias e na teoría do apego.
A entrada libre e gratuíta.