SanidadeÚltima hora

Charla sobre a prevención da enfermidade renal e a doazón de órganos, o 3 de outubro no Barco

Está organizada por Alcer Ourense coa colaboración do Concello e celebrarase de 17 a 19 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos previa inscrición

O vindeiro 3 de outubro celebrarase no Barco de Valdeorras unha charla organizada por Alcer en colaboración co Concello.

 

 

Baixo o título “Agasalla vida (riles que dan vida)” xirará en torno á prevención da enfermidade renal e da doazón de órganos, sendo de interese para xente que padece de diabete, hipertensión, sobrepeso ou obsesidade, pero tamén para o persoal sanitario e a poboación en xeral.

Celebrarase no salón de actos do Edificio Multiusos, de 17 a 19 horas previa inscrición en Alcer Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button