EconomíaEconomíaÚltima hora

Charla sobre o aproveitamento sostible dos soutos de castiñeiros no Barco

Está prevista para o vindeiro 13 de novembro ás 19:30h. no edificio multiusos da vila

 

O secretario da IXP Castaña de Galicia, Manuel López, nunha charla impartida anteriormente en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 13 de novembro ás 19:30 h. terá lugar unha conferencia “sobre o aproveitamento sostible dos soutos de castaños e as actuacións contra a avispilla” no salón multitusos do Barco, tal e como se anuncia dende este Concello.

Estará promovida Axencia Galega de Calidade Alimentaria e impartida por persoal técnico da Indicación Xeográfica Protexida (IXP Castaña de Galicia). A actividade está destinada a persoas vinculadas con sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería e a industria forestal. A entrada é libre, e os interesados poden inscribirse previamente no Concello do Barco (terceiro andar do edificio multiusos), cubrindo un formulario.

Esta actividade tamén conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do Fondo Europeo Agrícola e do Concello do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button