
O verán pasado O Bolo era un dos concellos de Valdeorras nos que se detectaban e neutralizaban niños secundarios de Vespa velutina. Para dar a coñecer o que é e supón este insecto invasor, tanto para os apicultores como para os propios veciños, o Concello do Bolo organizará unha sesión informativa o vindeiro 9 de marzo ás 16h. no colexio.
Esta charla será impartida por Lolo Andrade, experto en velutina e técnico de Protección Civil de Cambre, quen falará sobre esta avespa e tamén sobre como actuar para facerlle fronte e controlala. “Esta charla vai dirixida tanto aos veciños de todo o concello, como aos apicultores e colleiteiros que son os máis afectados por esta praga. Tamén é apropiada para todos aqueles membros de Protección Civil da comarca que se adiquen á retirada de niños desta vespa”, destacan dende a organización.