A Asociación De Nai a Nai estrea o ano 2023 cunha actividade na que se abordará o inicio da alimentación complementaria nos bebés, da transición do leite aos sólidos. Levará por título “Inicio da alimentación complementaria e BLW” e terá lugar o mércores 11 de xaneiro ás 17:30h. na sede desta entidade (edificio da Biblioteca do Barco, na rúa Academia Dequidt, nº6, cuarto andar).
“Para iso contamos coa nosa compañeira Alicia García, nai experimentada neste tema, que nos dará as claves de como facelo de maneira segura, e daranos ideas para facilitarnos o traballo”, adianta a presidenta da asociación, Lorena Prada.
Trátase dunha actividade presencial na que se intercambiarán experiencias doutras familias que xa pasaron por ese proceso. Ademais, darase a opción de conectarse en liña a través de Zoom, na seguinte ligazón:
https://us02web.zoom.us/j/82869226012?pwd=L1lzcnMzcW1rMzJTRStjcWMxTlNtUT09%C3%A7