SanidadeÚltima hora

Charla sobre saúde bucodental na infancia, o 4 de novembro no Barco

Esta actividade será organizada pola Asociación De Nai a Nai e desenvolverase no local da asociación

 

A vindeira actividade da Asociación De Nai a Nai, organizada en colaboración co Concello do Barco, porá o foco na hixiene bucodental dos máis pequenos. Trátase da charla “Saúde bucodental na infancia” e terá lugar o vindeiro venres 4 de novembro ás 18:30h. no local da entidade (rúa Academia Dequidt nº 6, enriba da biblioteca municipal).

 

 

A relatora do taller será Mónica Pérez García, odontopediatra do Barco, que “tratará de explicarnos a gran importancia de informarse sobre saúde bucodental na infancia, xa que educar e ensinar desde bebés con bos hábitos é fundamental para ter boa saúde oral no futuro. Para iso nesta charla explicará unha serie de pautas para conseguilo”, adianta a presidenda de De Nai a Nai, Lorena Prada.

A asistencia a esta actividade é gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button