OurenseÚltima hora

Charlas, visitas culturais e risoterapia, no programa do Centro de Maiores de Afundación

A entidade presenta as actividades para este mes de setembro
O Centro de Maiores de Afundación está na rúa Paseo, número 6.
O Centro de Maiores de Afundación está na rúa Paseo, número 6.

O Centro de Maiores de Afundación de Ourense vén de presentar a programación de actividades deseñadas para este mes de setembro. Con ela inicia a recta final do ano. Así, haberá tres charlas informativas, dúas visitas culturais e unha sesión de risoterapia, que buscarán o obxectivo de sempre: conseguir que a etapa vital da xubilación siga ofrecendo “oportunidades” de desenvolver novos proxectos, medrar, formarse, estar conectados e participar activamente na sociedade, ao tempo que se goza de boa saúde.

Tamén se retoman as actividades e obradoiros habituais. Pilates, tai chi, mindfulness ou aeróbic completan a oferta do Centro de Maiores de Afundación, ubicada na rúa Paseo número 6, segundo andar. Para máis información sobre a programación, pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.afundacion.org/docs/cesionsalas/37388/folleto_actividades_cm_ourense_sept_dic_2016.pdf.

Artigos relacionados

Back to top button