Galerías de fotosÚltima hora

Charo López estrea imaxe no Barco

A empresaria barquense vén de reformar o comercio de moda ubicado na rúa Pérez Lista

Despois de case vinte anos “necesitaba darlle un novo aire ao local, por min pero sobre todo polas miñas clientas”, di a empresaria barquense Charo López que vén de reformar a súa tenda de moda ubicada na rúa Doutor Peréz Lista do Barco de Valdeorras.

O espazo é o mesmo, pero as cores (branco e gris claro) e a iluminación (con luces led e unha gran lámpara de araña central) dan amplitude ao local no que as novas tendencias (estanterías lisas en branco, perchas de aceiro, chan pintado,…) mestúranse con toques máis clásicos e elegantes (nas sillas do espazo central, nas alfombras estampadas, no papel do espazo de traballo posterior) para darlle un aire totalmente novo, actual e moi luminoso ao local.

Para presentar a nova decoración, Charo López organizaba na tarde do 4 de marzo unha recepción con ágape incluído e o desfile de cinco rapazas (entre elas Diana Ortiz) que desfilaron con ata quince prendas de moda casual e tamén festa, algunhas coa firma Charo López.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button