CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Charrelos, folións, comparsas e soá no Martes de Entroido na Veiga

O desfile partía arredor das doce e media dende a rotonda e remataba nas proximidades do Concello

A ritmo de bombos e gadañas celebraba A Veiga o Martes de Entroido. Un desfile con cinco folións e de media ducia de comparsas percorría a vila a partires das 12:30h. deste 5 de marzo. A comitiva, que partía dende a rotonda (situada nas proximidades do pavillón), abríaa o Folión de Chandrexa de Queixa, despois ía comparsa do colexio veigués na que os cativos ían disfrazados de trogloditas.

Deseguido, soaba o toque do Folión Terras do Bolo, tamén participaba unha comparsa de mulleres da Veiga con elegantes e coloristas traxes, así como o Folión de Penouta-Ramilo (Viana do Bolo). O desfile completábase cunha comparsa da Casa Niño da Veiga con temática de astronomía, co Folión de Fornelos de Filloás (Viana), cunha comparsa musical de Viana do Bolo, outra con vestimenta de San Fermín e, finalmente, aparecían os Charrelos, o Boi e o Folión da Veiga.

En torno ás dúas e media abríanse as portas do pavillón polideportivo no que se servía o xantar da XV Festa da Soá.

Fotos: Torfy

Máis fotos:
https://osil.info/o-martes-de-entroido-na-veiga-en-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button