OurenseÚltima hora

Chega a Ourense o libro do fotógrafo Eduardo Blanco Mendizabal

A obra “Fotografiar con mal tiempo” preséntase este xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel
Bosque con néboa. Fotografia de Eduardo Blanco Medizabal.
Bosque con néboa. Fotografia de Eduardo Blanco Medizabal.

Como unha obra especialmente indicada para aqueles afeccionados a fotografía que desenvolven a súa actividade ao aire libre, e para os apaixoados da meteoroloxía que desexan mellorar a súa técnica fotográfica. Así se amosa “Fotograficar con mal tiempo” o libro de Eduardo Blanco Mendizabal, un dos máis recoñecidos fotógrafos de natureza de España (ten traballado esta temática durante varios anos visitando lugares como o deserto do Sahara, a selva da Amazonía, o macizo dos Alpes ou o círculo polar ártico), que será presentado este xoves, 17 de novembro, en Ourense, da man da Agrupación FotoSintese.

Nesta obra, que se dará a coñecer ás 20 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o autor analiza as diversas condicións da atmosféra e os fenómenos físicos que se dan na natureza (nubes, tormentas, neboeiros, eclipses, néboa, meteoros ópticos, auroras polares, volcáns, tremores de terra, etc.) e aporta consellos prácticos para sacarlles partido. Ademáis dos recursos técnicos e dos datos de realización das tomas, o libro inclúe unha variada galería de imaxes.

Artigos relacionados

Back to top button