A Vilariño Frío (Montederramo) chegaba o domingo 16 de agosto, o teatro tradicional tan esquecido por esta zona. A “Asociación de Veciños e Cultural A Ponte” lograba un cheo total na súa sede, a pesar de ser un día no que abundan na comarca festas, verbenas, comilonas, pulpeiras, etc.
Todo isto foi debido ao Grupo de Teatro “AS BARALLOCAS” que, coas súas obras de representación humorística, chegan de verdade ao público ao verse reflectido nas tradicións galegas.
Nesta obra titulada “Os Marcos” utilizan a comedia e a retranca galega para retratar de forma satírica a vida das Aldeas, dándolle sempre toques actuais.
Fotos cedidas.
