CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Cholo e Nela, protagonistas do Entroido infantil en Ribadeo (Lugo)

Os responsables da Convivencia de Educación Infantil presentaron o disco do XX aniversario

Máis alá das fronteiras do oriente ourensán onde naceron hai dúas décadas, Cholo e Nela, mascotas das Convivencia de Educación Infantil, comezan a ser coñecidas por toda Galicia.

Convidadas pola organización do Entroido 2018 en Ribadeo (Lugo), oito das persoas que forman a familia destes peculiares personaxes participaban na festa infantil celebrada na tarde do 11 de febreiro, na mítica sala de festas Rosa Lar. Alí, durante máis de dúas horas, Nacho Ermida, Carlos Rodríguez e Miguel Vázquez, puxeron voz ás cancións que forman parte do disco “Cholo e Nela, 20 anos dando a nota”, editado con motivo do XX aniversario da convivencia (proxecto pedagóxico e lúdico para cativos de 3 a 6 anos).

A idea de participar no Entroido infantil xurdiu porque os da organización querían un grupo de animación infantil en galego e dende Política Lingüística propuxéronos a eles. “Non sabiamos como ía saír porque os nenos non coñecían as cancións nin nada, pero ao final foi unha experiencia moi positiva e estamos moi contentos co resultado porque os cativos animáronse e quedaron encantados”, explica Nacho.

En dous pases de algo máis dunha hora cada un, e sen parar de brincar (tanto os cantantes como os propios Cholo e Nela), na sala de festas soaron todas e cada unha das cancións do disco producido por Segundo Grandío. Unha por cada edicion. Temas de pop, de rock, de folk e mesmo de rap. Títulos como “20 anos”, “O rock de Cholo e Nela”, “En igualdade”, “Polo medio” ou “O trasno rebulbeiro”.

Imaxes cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button