OurenseÚltima hora

Choque múltiple na entrada ao polígono de Allariz

Imaxe: Facebook Protección Civil de Allariz.

 

Arredor da catro desta tarde producíase un accidente de tráfico no que se vían implicados varios vehículos na estrada N-525, en concreto na entrada ao polígono de Allariz. Un particular daba aviso do sinistro ao 112 Galicia “Nese momento, tamén se recibía a comunicación deste sinistro por parte dos servizos sanitarios, que indicaban que xa estaban no punto atendendo a unha persoa que resultara ferida”, segundo informa o 112 Galicia.

Con estes datos, desde o CIAE-112 Galicia foron informados a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Allariz, “que confirmaron que había tres vehículos implicados no sinistro e que unha persoa tivera que ser trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia”.

 

Artigos relacionados

Back to top button