Un paso máis cerca do obxectivo se sitúa o C.D. Barco trala última vitoria en Calabagueiros por 2 goles a 1 ante o Racing Club Vilalbés.
Na tarde do 17 de novembro, o campo de fútbol barquense acollía o partido da xornada 13ª en terceira división entre o conxunto vermello ás ordes de Manolo Pérez e o Racing Club Vilalbés. Os lucenses chegaban a Valdeorras dende a metade inferior da clasificación, e había que esperar ata o minuto 30 da primeira parte para que David Álvarez abrise o marcador para os locais.
Co 1-0 chegaba o descanso no que os asistentes ao partido puderon degustar unha boa chourizada, e xa na segunda metade do encontro, malia que o gol de Fernando Cuadrado lograba o empate momentáneo no 66′, o tanto de Juanito Bazo só dous minutos despois inclinaban a balanza a favor dos locais que suman a novena vitoria no que vai de tempada, manténdose no terceiro posto da clasificación.
A seguinte cita para o equipo sénior do Centro de Deportes barco será o 24 de novembro no campo municipal do Viso, en Arzúa.
Fotos: Carlos G. Hervella