Petín era outro dos concellos valdeorreses que celebraba o seu magosto na tarde deste sábado 2 de novembro. Unha festa tan popular como tradicional que reunía a numerosas persoas no pavillón da Casa da Cultura.

Alí, ademais das castañas asadas e por 1 euros que custaba a entrada, os asistentes puderon degustar chourizo con pan e viño, con algún que outro disfraz, pasando unha entretida tarde de outono.
Fotos cedidas.



