ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia impide a procesión de San Francisco Blanco en Outarelo

A tradicional imaxe da procesión coa reliquia do cráneo de San Francisco Blanco polas rúas de Outarelo (O Barco) non puido verse nesta ocasión. Na mañá do 4 de febreiro esta localidade valdeorresa festexa a este santo, pero facíao dentro do templo polas intensas chuvias. A misa principal tiña lugar ás 13h. e rexistraba menos afluencia do habitual, quizais tamén polo mal tempo.

Tras o acto relixioso, e como vén sendo costume, os integrantes das diferentes peñas reuníanse para celebrar a festa e para compartir un xantar, cada un no seu local habitual. Tamén estaba aberto a público o Centro Social San Francisco Outarelo e non faltaba a animación musical a posibilidade de degustar pulpo á feira, coa pulpeira Lula.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button