DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Chuviosa tarde de fútbol no Aguillón

O CD Rúa perdía 1-3 ante o Polígono San Cibrao na xornada 30 de primeira autonómica

Primeiro as rapazas e despois os rapaces. Dous partidos foron os desputados na intempestiva tarde do domingo 17 de abril no campo ríes do Aguillón.

Tralo partido do Rúa Valdeorras CF contra CD Conxo que gañaban as coruñesas por 1 gol a 2, eran os rapaces do equipo sénior do CD Rúa os que saltaban ao terreo de xogo, baixo unha potente chuvia que empañou boa parte da primeira metade do encontro.

Finalmente, o conxunto ourensán (nese momento terceiro clasificado) lograba facerse co xogo e co partido marcando tres goles fronte a un único por parte do conxunto local.

Con este resultado, o San Cibrao sube un posto mentres que o Rúa mantense na zona baixa da clasificación, a catro puntos dos postos de descenso.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button