CulturaCulturaÚltima hora

Ciclo de cine Marxes Fílmicas 2015 en Ribadavia

O Museo Etnográfico acolle en xullo a proxección de catro filmes das vangardas do cine checo
Cartaz do ciclo Marxes Fílmicas 2015.
Cartaz do ciclo Marxes Fílmicas 2015.

Por cuarto ano o Cineclube Padre Feijóo de Ourense e a Federación de Cineclubes de Galicia colaboran para levar a cabo a proxección do ciclo de cinema Marxes Fílmicas, que desde 2013 se vén proxectando no Museo Etnolóxico na época estival.

Nesta edición de 2015, contan asemade coa colaboración do Centro Checo de Madrid, tendo a oportunidade de “visionar unha selección de catro filmes das vangardas do cine checo pertencentes a catro décadas diferentes, que nos permitirán coñecer as filmografías checas, non sempre fáciles de poder ver nas pantallas dos cinemas de Galicia” explican dende o Museo Etnolóxico de Ribadavia.

O visionado dos filmes será en versión orixinal con subtítulos en castelán, a partires das 22:30h. O martes 7 de xullo proxectarase “Sedmikrásky” (As margaridas) de Vera Chytilová (Checoslovaquia, 1966); o xoves 9 de xullo “Vesničko Má Středisková” (A miña querida aldeíña) de Jiri Menzel (Checoslovaquia, 1986); o martes 14 de xullo, “Štěstí” (Algo parecido á felicidade) de Bohdan Sláma (República Checa, 2005); e o xoves 16 de xullo, “Kolja” (Kolya) de Jan Sverák (República Checa, 1996).

Artigos relacionados

Back to top button