ConcellosÚltima hora

O CIM de Trives organiza un obradoiro de elaboración de xabóns naturais

Cartel do obradoiro.

Os vindeiros luns 18 e martes 19 de decembro, de 16:30h. a 18:30h., no Concello Trives impartirase un obradoiro de elaboración de xabóns naturais. Esta iniciativa será organizada dende o CIM de Trives e nel os asistentes poderán aprender a crear as súas propias fórmulas de xabón artesanal axeitado á súa pel.

“Os materiais que se usen para a elaboración dos mesmos serán a cargo de cada participante podendo levar ao remate do obradoiro os teus propios xabóns envasados e cunha decoración personalizada”, segundo se indica dende a organización.

As persoas interesadas poderán anotarse no CIM do Concello da Pobra de Trives (988 33 00 12), antes do 13 de decembro. As prazas están limitadas a un máximo de 15 persoas.

Artigos relacionados

Back to top button